DiscoverTodos os podcast | Tres peixes voando
Todos os podcast | Tres peixes voando
Claim Ownership

Todos os podcast | Tres peixes voando

Author: AGalegaAudio

Subscribed: 1Played: 3
Share

Description



Dúas voces atlánticas (Xavier Díaz e Guillerme Fernández) e mil cancións por descubrir. Nesta goleta feliz no seu balanceo, soan vellas cancións case esquecidas e outras novas provenientes de illas descoñecidas. Aboian no acuario outros peixes que falan de cinema, de músicas, de novelas ou de roteiros gardados como viaxes imposibles nos seus cadernos de bitácora... A guitarra e a voz desexando celebrar o silencio da noite, nos vosos tés, no faladoiro insomne ou entre somnolentas mantas. A maxia da radio coma o misterio dos mares calmos, descoñecidos, profundos... E vós? Iniciamos a travesía?


23 Episodes
Reverse
No acuario brillan esta semana as voces en galego de Davide Salvado, Tanxugueiras, Dios ke te Crew ou Fiandola. Tamén melodías foráneas como as de Pedro Guerra, Claudia Pascual, Arnaldo Antunes, Paula Grande e Marisa.
Na marea de hoxe entran en galego Berto, Xoán Curiel, Moel, A banda da loba ou Marcelo Dobode; e tamén Mayra Andrade, Jose González, Silvia Pérez Cruz ou Kurt Elling dende outros caladoiros. Nós cantamos ao vivo o 'I hope I don't fall in love' de Tom Waits.
O compás sinala cara Galicia a Espiño, Narci Rodríguez, Tomás Porteiro, Rosa Cedrón e Sés. Alén traemos a David Crosby, Natalia Lafourcade, Sting, Julieta Venegas ou Sara Tavares. E aquí cantamos en directo 'Salvapantallas`' de Jorge Drexler e 'Pé de espora' de Vítor Ramil.
Pescamos algunhas das novidades discográficas dos últimos meses como o traballo do pontevedrés Anxo Arauxo, o disco de Pauliña ou o de Carmén Penim. Os Quinindiolas e Miro Casabella ocupan a sección dos Celacantos e ao vivo atrevémonos con 'Las simples cosas' e 'Pídechas o corpo meniña' de Ana Kiro.
No paquebote viaxan as voces galegas de Caamagno&Ameixeiras, Xisco Feijoó, A banda da Loba, Caldo e Os Carunchos. Na cuberta internacional van Fernanda Abreu, Joe Jackson, Richard Bona, Radio Tarifa, Sting ou Adriana Calcanhoto. E na sala de máquinas probamos con 'O leaozinho' do gran de Caetano Veloso e 'Eva María se fue' de Fómula V.
Facemos novas descubertas como a do pontevedrés Anxo Araujo, o último de Ángeles Dorrio ou a música de Momboi. Tamén botamos unha ollada atrás con Niño y Pistola, Primordiais ou Quempallou. Cambiamos de océano con Luiz Caracol, Nano Stern ou Paul Weller e atrevémonos ao vivo co 'Branco natal' e o 'Tamborilero'.
Hoxe levamos na pasaxe a Berto, Guadi Galego, Angeles Dorrio, Esposa e Sheila Patricia. E noutros portos recollemos a Ana Bacalhau, Pedro Aznar, Kevin Johansen, Fenando Milagros e Richard Bona. E os tripulantes cantamos ao vivo 'Dogs' e 'Hansel e Gretel'.
Cargamos na bodega o novo de Guadi Galego xunto a Depedro; a Joel Padín, unha das novas voces masculinas do trad galego; as Tanxugueiras, Os Vacalouras e Hugo Guezeta. E completamo con outras músicas como as de Mallu Magalhães, Mariza, Los Hermanos Cubero, Morgan, Rodrigo Cuevas, A banda máis bonita da cidade ou Nastasia Zurcher. Nós atrevémonos ao vivo con 'Corazón partío' e o 'Senhorinha' de Guinga.
Dos novos discos en galego escoitamos, entroutros, a Caamagno&Ameixeiras e a Chicharrón, tamén o folk de Caldo e o pop de Grampoder. E outras correntes tráeenos o 'Ukelele Songs' de Eddie Veeder e a Lisandro Aristimuño.
As ondas deixan na nosa praia a Antía Muíño, A Pedreira, Chicharrón, Xabier Díaz, Sheila Patricia e Zénzar. E. fóra, lévannos ata Salif Keita, Cêu, Peteco Carvajal, Os quatro e meia, Javier Ruibal e Rufus Wainwright . Nós cantamos en directo 'Black bird' e 'Devólva-me'.
O noso portulano sinala aquí o último da Banda da Loba, Budiño ou Os de Abaixo e, acolá, a Soda Stereo e Mercedes Sosa, na Arxentina; Fernando Cabrera, no Uruguai; Ceu, no Brasil; e Luiz Caracol, na costa portuguesa.
Marcan o rumbo as Tanxugueiras, que logo nos levan canda Brais Morán, Purple Rei, Pelepau, De Vacas, Os d'Abaixo ou A Psicofónica de Conxo. Noutras línguas soan as voces de Ana Bacalhau, Aca Seca, Miguel Araujo, Bon Iver, Maró, Salvador Sobral ou Eliseo Parra. E temos un par de temas ao vivo: 'Sempre hai un prezo' e 'Un canto a Galicia'.
O vento carrexa a música en galego de Xosé Lois Romero e Aliboria, Budiño, Xisco Feijoo ou o último de Familia Caamagno e de Xurxo Fernandes. Noutros aires escoitamos a David Lebón, Kurt Elling ou Manel, pasando por Julieta Venegas ou Alfredo González.
Iniciamos singradura terra adentro con Rosa Cedrón e logo continuamos con Comando Curuxás, A Pedreira, Familia Caamagno, MJ Pérez, Xabier Díaz e Joel Padín no apartado de música cantada en galego. Ademais, soarán Marta Gómez, Mayra Andrade, Astrid Engberg, Alfredo González, Oquestrada, Nacho Vegas ou Julie Fowlis. E nós cantamos ao vivo 'Alfonsina y el mar' e '730 días'.
Perseguimos os ventos novos de Berto, Ataque Escampe ou Sheila Patricia e a súa Moura, e voamos ata Portugal da man de Carolina Deslandes ou a Rio de Janeiro con Paulinho Moska. Ademais, lembramos a Xil Ríos e Xoán Rubia na 'Marea do Celacanto'.
No acuario nadan hoxe en galego Dios Ke Te Crew e Boyanka Kostova, Carolina Rubirosa, Nastasia Zürcher, A Pedreira e Madalena Gamalho xunto a peixes foráneos como Julieta Venegas, Ferran Palau, Maria Gadú, Ruper Ordorika, Silvia Pérez Cruz e Antonio Zambujo. Cantamos ao vivo 'English man in NY' e 'La vida es bella'.
Visitamos illas desaparecidas como Os Cempés e outras á vista como A banda da loba, Sés, Sheila Patricia, MJ Pérez, Xabier Díaz e Antía Muíño. E exploramos outras costas con Los hermanos Cubero, Jorge Fandermole, Nacho Vegas, Vanesa Muela, María Valle Roso, Nicolás Pastoriza e Cêu. Rematamos cantando ao vivo 'Blackbird'.
Enarboramos bandeira galega con Dios ke te Crew, A banda da loba, Familia Caamagno, Pauliña, Berto e Nastasia Zurcher. E como aliados temos a Kevin Johansen e Natalia Lafourcade, Carla Lourdes, Jorge Drexler, Vega e Tom Waits. Nós interpretamos en directo 'Mulher da erva' e 'Is this love'.
Iniciamos camiño en Compostela con De Vacas e logo continuamos ruta galega coas Tanxugueiras, A Banda da Loba, Momboi, Carolina Rubirosa ou a música tradicional de Aliboria. No veciño Portugal visitamos aos Aceitonas, a Luisa Sobral e a Miguela Araujo e alén do Atlántico a Silvia Iriondo e a Zeca Baleiro.
No programa de hoxe escoitamos o novo de Ortiga xunto a Pili Pampín, Momboi e tamén os Néboa. Nos Celacantos temos o histórico cantor Miro Casabella. E na ollada a outros mares albiscamos a Los Hermanos Cubero, Kevin Johansen, Jorge Drexler ou Juan Perro.
loading
Comments 
loading